SENSIBILIDADE

Leo bastantes textos con respecto ao que ten que ver co patrimonio cultural da cidade. Estou seguro de que todas as posicións son ben intencionadas pero un remata coa sensación de considerar unha enumeración de elementos que o mesmo podería ter que ver coa lista da compra da carnizaría que cunha relación de pezas artísticas. É evidente que un pobo culto debe dedicar un grande esforzo á conservación e posta en valor dos seus tesouros máis prezados. Tamén o é que ese traballo debe de facerse dende a sensibilidade necesaria para dotar de vida, beleza e interese pedagóxico a algo que doutro xeito pode converterse nun cemiterio onde acumular obxectos sen maior criterio expositivo. É este un punto fundamental que se bota de menos nas lecturas referidas, un museo non é unha cuestión menor, os servizos que debe manter unha institución desa natureza son parte central do debate e é un aspecto habitualmente ignorado.
 

SENSIBILIDADE

Te puede interesar