FISCALÍA ANTICORRUPCIÓN

Nun intre onde os partidos do réximen restan abafados pola sistemática de corrupción político-empresarial que deturpa os intereses xerais a prol do peto privado duns poucos amigos do poder, aqueles que teñen as chaves das portas xiratorias que comunican e subordinan a responsabilidade pública ás direccións empresariais privadas; neste intre, ese abafo explica a negativa do PP a que teñamos unha Fiscalía Anticorrupción galega, un espazo xudicial independente dotado do persoal e dos medios suficientes para combater ese andazo que relaciona ao PP con tramas de corrupción  e contabilidade B, e que proxecta tebras sobre un intolerable número de concellos e cargos públicos, en particular dese partido. Propuxemos no Parlamento crear a Fiscalía Anticorrupción galega, compartindo análise crítica coa Fiscalía Superior do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e tivemos que escoitar do PP galego que efectivamente nada fixera neste sexenio da crise e da corrupción para conseguir ese órgano xudicial.  Restan máis cómodos, léase impunes, sen el.

FISCALÍA ANTICORRUPCIÓN

Te puede interesar