É hora de votar con decisión

|

Aló por setembro de 1995, José Saramago, quen tres anos máis tarde recibiría o Nobel de Literatura, escribía en Cadernos de Lanzarote este texto: “Privatize-se tudo, privatize-se o mar e o céu, privatize-se a água e o ar, privatize-se a justiça e a lei, privatize-se a nuvem que passa, privatize-se o sonho, sobretudo se for diurno e de olhos abertos. E, finalmente, para florão e remate de tanto privatizar, privatizem-se os Estados, entregue-se por uma vez a exploração deles a empresas privadas, mediante concurso internacional. Aí se encontra a salvação do mundo... E, já agora, privatize-se também a puta que os pariu a todos”. Nesa altura, como é sabido, aínda non empezara ese roubo xeneralizado que deron en chamar crise. Entre nós, tampouco chegara Aznar e, con el, o desmantelamento do Estado coas políticas privatizadoras que xa iniciara o PSOE de Felipe González. Saramago residía en Lanzarote desde 1993. Mais no Perú de Fujimori falárase de privatizar Machu Pichu e Chan Chan. Saramago non era, non, un visionario. Velaí as nosas privatizacións sen freo. Hai que botar os culpables, non lles dando votos.

 

É hora de votar con decisión