Estudio PIQUE

|

estudio sobre a privatización dos servizos públicos, a súa calidade, emprego e productividade (PIQUE) son incontestables, ademais de ser un documento de traballo no conxunto de Europa. Analiza como os servizos esenciais á cidadanía, auga, lixo, transportes, etc., perden a súa consideración de públicos para pasar a mans de empresas transnacionais que deciden sobre sobre eles en detrimento dos usuarios, negando incluso o acceso universal subindo prezos.
Prestan un peor servizo, precarizan o traballo e as condicións salariais, e encarecen os servizos ata un quince por cento e, chegado o momento, se quebran as administracións teñen que rescatalas e poñer os cartos. Evidentemente, en Ferrol as cousas están como están (e a maiores a reforma local do PP pon todo tipo de atrancos) pero sería importante marcar unha folla de ruta, estratexias e prazos para recuperar estes servizos.
 

Estudio PIQUE