REPARTO

O Gobernante dixera no seu programa electoral que ía facer un reparto máis equitativo, de xeito que aos que menos teñen lles tocase máis; e a xente aplaudiuno a rabiar. Mais chegado ao poder, non resultou moi doado cumprir a promesa feita, pois os diversos poderes fácticos negáronse a prescindir de parte das súas riquezas e privilexios e mesmo esixiron unha compensación pola importante axuda na campaña electoral.  Diante da difícil situación, consultou aos seus importantes asesores, que lle aconsellaron aumentar o número de pobres.  E que amañamos con iso? –preguntoulles. Cumprir a túa promesa –explicáronlle. Aumentando os pobres auméntase a miseria  e a fame e xa se sabe que a miseria e a fame toca a máis cantos máis sexan a repartir. O Gobernante quedou abraiado coa explicación e xa que logo, puxo mans á obra e por medio de recortes e impostos ben dirixidos, en pouco tempo conseguiu aumentar o número de pobres como non se vira no país desde había moito tempo.   

 

REPARTO

Te puede interesar