En inglés

había ben tempo que non durmía en Lisboa, xa que nas últimas viaxes que fixen á cidade me hospedara na marxe sul do Texo, concretamente na Costa Caparica. Hai boas comunicacións e afórrase andar pendente do automóbil. Descoñecía, xa que logo, a taxa que hai que aboar por pernoctar na capital portuguesa. Chámanlle -como fan as cidades que tamén a teñen- medida disuasoria do turismo masivo ao que, en realidade, vén sendo unha fonte máis de recadación. Que pagamos moita xente, porque Lisboa estaba abarrotada. Españois a moreas, algo habitual desde hai anos. E cos mesmos problemas de comunicación de sempre. A maioría xa non fan como antes, que cando vían que non os entendían berraban, pensando que, tal vez, fose un problema de xordeira. Mais, obviamente, seguían sen saber o que dicían. Algo se avanzou. Pero no da comprensión moito falta. Hai quen non consegue que lle poñan o que quere para almorzar. Un café, un bolo... esas cousas tan simples. “Pídaselo en inglés”, estiven por dicirlle a un pai de familia, con moita roupa de marca e tal, a quen non lle serviron nada do que pedira.
 

En inglés

Te puede interesar