Besteiro

A primeira conclusión do comité nacional do PSdeG é que aqueles que, nas xerais, apostaban por abatir aos socialistas -dende a dereita á esquerda- fracasaron. A segunda, é que Besteiro é o líder do socialismo galego, sobre todo, porque as voces disonantes quedaron en franca minoría. Na práctica, que o PSdeG apoia a Pedro Sánchez e que non haberá congreso extraordinario, senón un novo comité galego en febreiro para abrir o proceso das primarias cara á Xunta de Galicia. 
Outra das cousas relevantes é a determinación de que os procesos xudiciais, contaminados polo oportunismo político, non marque a axenda do PSdeG. Máis, agora, que Feijóo está en tempo de desconto e afloran as contradiccións nunha Marea que bate coa realidade de ter participado nunha coalición estatal cun partido como Podemos. Este é o tempo de Besteiro, e tamén da súa secretaria de organización e cabeza de lista ao Congreso, Pilar Cancela.
 

Besteiro

Te puede interesar