BOTADURA

Despois de moitos anos, por fin unha botadura no estaleiro da antiga Bazán. Non é unha nave moi grande e a carga de traballo só serviu para amortecer un pouco a necesidade que temos aquí de construír barcos de calquera tipo e tamaño. De todos xeitos, o acto serviu para que o aparato propagandístico do PP sacara peito, celebrando o éxito das xestións do Presidente Feijóo, aínda que só nos tocara un, daquela ducia de “floteis” da que se falara. Coido que o presidente só cumpriu coa súa obriga, pero coido tamén que, se puidese, traería moitos máis barcos. Agora fálase dun feixe de proxectos e aprovéitase a ocasión para facer propaganda e, de paso, criticar duramente ao goberno anterior, como é costume. Porén, o bo sería poder celebrar moitas botaduras, veñan de onde veñan e quenquera que as traia. Alegría pois pola cerimonia desa botadura, aínda que faltase o complemento de rigor que, hai anos, consistía na posta en grada dunha nova quilla. Mágoa, verdade?

BOTADURA

Te puede interesar