Sen debate

|

Falei hai tempo, “Días contados”, do continuo goteo de concellos galegos que licitan ante o mercado empresarial do sector, a xestión da prestación social do servizo de axuda no fogar, tanto na modalidade básica como na de dependencia.
A esa xa corrente vanse sumar próximamente dúas novas entidades locais da comarca: Ares e Fene. Aínda que os seus gobernos os ostenten na actualidade persoas de ideoloxías teoricamente contrarias, ambos toman a mesma decisión: recurrir á empresa privada.
Si alguén non o tiña claro, seipa que nesta área rematou hai tempo o debate político de defensa do público fronte ó privado, a diatriba dialéctica e maniquea de confrontar os termos externalización e privatización de servizos. Sen demagoxias, o problema real dos concellos, da cor que sexan, é a seria dificultade e complexidade de xestión deste servizo ante a gran dimensión en persoal e usuarios que adquiriu.

Sen debate