FARAGULLAS

Outra vez o mesmo conto de sempre, moita propaganda de inversións, usando cifras millonarias para taparnos a boca aos ferroláns, cando pedimos traballo. Parece como cando de raparigos xogabamos ao “conto da boa pipa”. Primeiro falouse de 400 millóns, que logo resultaron ser 200, porque hai que repartir, xa que no sur tamén andan escasos de traballo. Mais a propaganda intoxicadora fala dun grande investimento para Galicia, cousa que é radicalmente falsa, pois os cartos que quedarán aquí non serán nin a cuarta parte dese orzamento. Porque o que non din é a onde vai parar o importe da chapa de aceiro, o custo do cable eléctrico, a pintura, os diferentes equipos eléctricos e electrónicos ou os electrodos da soldadura, entre outras moitas cousas que non se fan en Ferrol e coido que nin en Galicia. Ou sexa, que nos quedarán as faragullas, como sempre. Pero “Eles” seguirán a dicir, “qué más quieren los ferrolanos”. E nós calaremos. Como sempre. E así nos vai.

 

FARAGULLAS

Te puede interesar