Os negocios da pandemia

Ao dicir dalgunha xente, nomeadamente a relacionada cos partidos da dereita -en esencia unha e trina-, en todas as partes -con Europa como principal referente- estaban a facer os deberes ben na loita contra o covid, agás naquela España, supostamente recentralizada por un Goberno de coalición, que, ademais, “usurpaba” as competencias sanitarias que estatutariamente lle corresponden ás comunidades autónomas. Pasados os momentos máis difíciles, cando os gobernos autonómicos tiveron que se poñer a xestionaren directamente a pandemia, tanto os dirixentes coma nós, a xente de a pé, fomos conscientes do complicada que era a cousa. Case tanto como doado era criticar o goberno central: Sánchez era un parásito, Salvador Illa un inepto e Fernando Simón un incompetente total. Hoxe xa ninguén fala de Europa, porque os resultados das diferentes xestións din que non foron mellores que as dos nosos parásitos, ineptos e incompetentes. Creo que é evidente que a xestión das comunidades non mellorou a situación. Se cadra, empeorouna. Mais o poder xestionar si permitiu a algunhas comunidades gobernadas pola dereita privatizar innecesariamente servizos que podía abordar a sanidade pública, como os de rastrexo ou, xa non digamos, o de vacinación. Velaí Galicia, Andalucía ou, como non, Madrid.

Os negocios da pandemia

Te puede interesar