Que a terra che sexa leve xa!

Escribo este artigo, un par de días despois da morte do mítico astro do fútbol Diego Armando Maradona. Un astro do deporte, cuxa vida pasou da mais absoluta humildade, a ser na súa época un dos deportistas mellor pagados, ademais de ter unha vida sobre todo na fase final da súa carreira deportiva, bastante problemática. Os seus problemas coa droga, xunto acusacións de maltrato por parte da súa familia, fixeron de este ídolo do fútbol, pasara de un día para a outro, da adoración das siareiras deste deporte, ao seu desprezo e incluso atrévome a dicir, esquecemento, a excepción do seu país natal Arxentina. Mais o problema de Maradona ,non foi nin a fama nin os cartos. O problema foi, a súa inocencia e ser inmaturo ,proprio todo isto, da súa xuventude, que fixo que ante os encantos desta ralea social, disposta a morder para sacar tallada de un xeito o outro onde ven diñeiro, os cales habitan nas partes altas da sociedade, xunto con toda este excremento  mafioso, que agroma, crece e vive, ao redor do capitalismo e sobre todo protexido por este, que no Barcelona empezara a botarase a perder. Maradona aínda así, foi un afortunado dentro da súa desgraza, xa que non foi capaz a pesar de intentalo de deixar a súa vida repleta de excesos. E digo que foi afortunado, porque non lle faltou diñeiro, nin amigos de verdade dispostos a axudalo, algo que unha parte da nosa mocidade, que tamén esta a sucumbir ante os falsos encantos, falso benestar e falsa liberdade das drogas, no teñen. 

Porque Maradona foi unha vítima máis, deste autentico holocausto promovido polo capitalismo e os seus oligarcas contra a xuventude e as familias, que supón as drogas. Un negocio que como as antigas cintas de musica, ten dúas caras: Unha cara A de enormes beneficios rápidos dos cales se nutren os grandes centros de poder económicos mundiais e unha cara B que ten a desolación, sufrimento, humillación, aldraxe, angustia, impotencia, dor, rabia da nosa rapazada e as súas familias. Porque, familia na que algún dos seus membros empeza a consumir drogas, familia que empeza a descompoñerse, a menos que sexa unha familia fortemente estruturada. Uns auténticos depredadores, que aquí no Ferrol, moitos de nós coñecemos. Desde empresarios líderes do ocio nocturno, a outros empresarios que foron o berce da venda ao por menor nesta comarca, paséanse tódolos días, totalmente impunes pola nosa cidade. E non quero culpar a ninguén disto. É indubidábel que o problema das drogas non se resolve policialmente nin militarmente, como queren facernos crer. O problema das drogas, ten unha única solución posíbel, e esta non é outra, que unha solución política, a cal pasa pola legalización destas sustancias, xunto con pedagoxía e educación desde idades moi cedas, sobre os perigos destas condutas de risco. Porque os maiores defensores de que as drogas sigan sendo ilegais, son fundamentalmente, aqueles que se benefician realmente, deste negocio tan desprezábel.

Mentres tanto cando nos acordemos de Maradona, pensemos en el como foi: Un xenio do deporte.

Que a terra che sexa leve xa!

Te puede interesar