Vai de barrios podres

 Non se confundan. Quixen dicir o que digo: podres. E non porque tal sexa a súa intención, senón máis ben o seu estigma. Basta con votar unha ollada ás noticias de hai vinte ou treinta anos sobre o que acontecía en Ferrol Vello e nas chamadas Casas Baratas para facernos unha idea na inutilidade amosada por tódolos gobernos municipais nas últimas décadas nisto de facer o máis obvio, o que xa entón era máis que urxente. Despexadas as dúbidas sobre o carácter que a Xunta deu a ambos no senso de protección, é farto elocuente o que non se ten feito. Sobre o primeiro, non é estrano que haxa que por buses entre o peirao de Curuxeiras e a praza de Galicia para que os visitantes non dean volta atrás ó barco ó ver semellante abandono. Sobre o segundo, vergoña é que un ben patrimonial non se manteña máis que con apaños e sen clarexar os dereitos dos inquilinos legais ou o uso dos pisos valeiros por parte de quen máis o necesita. Os gobernos de turno se enchen de falar do que eles pensan que é o mellor para os dous, pero seguen a non facer nada. Podres os fixeron os políticos.

Vai de barrios podres

Te puede interesar