Relevante

|

Os xornais apenas lle dedicaron un pequeno espazo a pasada semán. A nova pasou diluida entre tanta praia, festa, ocio e gastronomía que nos inunda nestas datas.
Mais o proceso que está a levar o concello de Moeche é de gran relevancia. A constitución do Consello local de infancia e adolescencia, máximo órgano de representación das nenas e nenos do municipio na toma de decisións, na formulación de propostas sobre os asuntos do seu interese, e o regulamento do seu funcionamento marca o inicio dunha nova etapa no noso contorno. A aposta do equipo de goberno de Beatriz Bascoy non tivo dúbidas, non esquenceu os seus compromisos, non cesou de traballar para dotar de alternativas e oportunidades que creen dende a base unha cidadanía implicada, activa, creativa, participativa e cun sentido de pertenza ao propio territorio.
Parabéns polo esforzo a toda a comunidade modestina e ogallá cunda o exemplo.

Relevante