DE ESPECTÁCULOS E COMEDIAS

|

Foi unha semana de comedia. E non só polo lamentable espectáculo dos titiriteiros, que xa lle chegou ben, se non por outros tamén de calado, e que evidencian que algúns Ministros en funcións, non teñen máis argumentos que o recurso á manipulación e ao medo, para que a sociedade divida a realidade política entre bos (eles) e malos (os demáis). 
Descúlpenme que insista, pero o dos titiriteiros pasando  cinco días na cadea, por un espectáculo que era malo e totalmente inadecuado, está claro; pero que foran detidos dese xeito, cando os que roubaron a mans cheas seguen libres e sen entregar o pasaporte, nin os cartos,clama ao ceo. 
É difícil entender o das varas de medir, e aquilo da palla no ollo alleo. Alguén tería que dar explicacións. O Ministro de Interior en funcións, Fernández Díaz, en troques, debera estar calado e non volver a apelar á pantasma do medo e dunha ETA que, segundo el, estaría feliz cun cambio de goberno. Esqueceu moi pronto que que ETA foi vencida e que foi un logro da sociedade no seu conxunto, e  no que tivo moito que ver  un  goberno Socialista. 
A Rajoy xa lle están movendo o sillón, e reacciona coa técnica do noivo ofendido, e desacertadamente, non da a man nin saúda. Como se Sánchez tivera a culpa dos seus desaguisados. 
Agora o PP ten moitas frontes ás que atender. Ten intervencións xudiciais en Madrid e Valencia, onde quedaron todos imputados menos unha  Barberá escandalosamente aforada .Rajoy faría ben en atender, a que non se lle derrube o castelo, que resultou ter os pes de area, e que ameaza con seguir incrementando unhas cifras de corrupción, que son do nunca visto. 

DE ESPECTÁCULOS E COMEDIAS