O gran pulmón, ese gran descoñecido

|

Contaba un astronauta dos que primeiro subiron ao espazo, que cando desde este viron a terra, deron se de conta do pequena e limitada que era, xa que ata entón, tiñase a sensación de que era infinita, de que era ilimitada. Unha terra onde todos os seus ecosistemas están inter relacionados co único fin, de favorecer a vida. Desde a distancia ideal do Sol, a posición de certos planetas que están a facer de escudo de protección ante certos asteroides, como os compoñentes proprios do planeta, todo funciona de tal xeito, que fixo posíbel a proliferación da vida nas súas diferentes formas, mais cun mesmo orixe. Unha combinación que esta a ser ameazada por noso sistema de vida, onde a cultura de usar e tirar, que é o común, xa vai anos no mal chamado mundo desenvolvido. Extraer, transformar, contaminar, usar e tirar de xeito barato, é o modo en que este falso desenvolvemento, o cal midese na corta distancia, xa que a longo prazo é unha ruína ademais de unha inasumíbel hipoteca, fixo posíbel o crecemento do bloque de países mal chamados ricos, sendo o nome correcto países enriquecidos. Un desenvolvemento baseado en contaminar, sobre todo polas grandes corporacións, baixo a premisa de obter o máximo lucro posíbel, sen importar as consecuencias que os seus actos puidesen ter e que esta traer graves problemas na actualidade mais fundamentalmente pra xeracións futuras e sobre todo pra unha parte importante da poboación do planeta a cal, non tivo ningunha culpa nesta desfeita meio ambiental. 

Unha desfeita que esta a afectar a todos os compoñentes da nosa nai Terra, os cales fixeron que esta puidese albergar a vida. Hoxe en día non ha ningún lugar da natureza onde non se atope algún tipo de resto da nosa sociedade e mais concretamente do noso sistema económico. Ben sexa a polución do aire, como a contaminación das augas ou das terras hoxe por hoxe, a pegada de nos os humanos é difícil non atopala en calquera dos diferentes ecosistemas naturais do mundo. Incluso os nosos governantes foron tan prepotentes e tan faltos de miras, que o proprio espazo exterior do cal non somos donos, máis si parece ser,  consideramono-los,  ateigamo-lo de trebellos baixo un suposto beneficio pra poboación, sen pensar no final que terán estes diferentes tipos de aparellos, xa considerados desde vai tempo lixo espacial  o cal, en tempo presente non termos ideia de como recuperalos. 

Mais este 8 de xuño, conmemorase o día mundial dos océanos. Un océano que ten diferentes formas e que a día de hoxe, sabese moi pouco del e da súa importancia na vida no planeta. Din as expertas-os que os océanos son fulcrais en diferente eidos, como o económico, social, médico, meio ambiental ect...os cales exercen unha gran influencia nas nosas vidas e as nosas vidas tamén exercen unha gran influencia nel. 

É indudábel que os mares, son fonte de grandes recursos nos seus diferentes estados; desde fontes de alimento, enerxía, como fonte de medicamentos, regulador do clima, o océano e o lugar onde existe a maior diversidade de vida e de ecosistemas. O océano é unha das partes fundamentais pra desenvolver un futuro sostíbel, mais a maior parte da xente do común, os mares son os grandes descoñecidos e a nosa percepción del como din as científicas-os, é o que vemos desde a orela. Xa desde vai un tempo, coñecese que o océano é o gran pulmón da terra moi por diante dos bosques, algo descoñecido polo gran público xeral. Os océanos son os maiores produtores de osíxeno por meio do fitoplanton, algo que está en serio risco, polo aumento das temperaturas dos mares e que fai que estes alvéolos verdes das augas, están desaparecendo a un ritmo preocupante. Porque os nosos mares están a sufrir desde xa vai un tempo as consecuencias do noso sistema de vida o cal, está a por en perigo os ecosistemas mariños. 

O aumento do nivel do mar, a destrución dos recursos pesqueiros, a acidificación dos océanos, o quecemento das súas augas, o aumento desproporcionado e fora de control do lixo mariño, a perdida de osixeno nas augas, a perdida da biodiversidad mariña, a degradación dos sistemas de coral ect... están a por en grave risco un dos sistemas máis importantes no ciclo da vida na terra, mais un dos sistemas tamén máis fráxiles e descoñecidos Os científicos comentan que no tempo presente, aínda andamos faltos de coñecer, máis de un millón de especies que habitan nos mares, mais o ritmo de destrución que estamos a xerar por mor do noso sistema económico, está a por en perigo o coñecemento desta inxente cantidade de vida. 

Mais aquí na Galiza, tamén nos atopamos cun litoral fortemente degradado. De 44 áreas mariñas do noso litoral estudadas a finais dos 90, atopouse que en nove delas, as súas augas tiñan unha forte, elevada e perigosa contaminación por materiais pesados. Tamén outros estudos feitos na primeira década do século XXI concluíron, que tanto nas rutas do trafico mariño que pasan por noso país, como nas zonas onde asentase a industria pesada, zonas de peiraos e outro tipo de instalacións, atopouse contaminación por petróleo e derivados. Xunto a isto cabe sinalar a forte contaminación que sofren as nosas rías, polo desleixo durante moitos anos do estado español, a contaminación repito por materia orgánica, Un litoral que tamén sofre da sobre pesca e o rechamante neste caso, é que as autoridades españolas xunto con seus monicreques galegos, en vez de potenciar a pesca artesanal que é o xeito de pescar de forma sostíbel, en vez de potenciala repito, a castigan e seguen a favorecer a frota industrial que é a causante do esgotamento dos recursos pesqueiros no planeta.

En definitiva compre que nos as-os cidadáns cambiemos canto antes as nosas pautas de consumo, as nosas pautas de facer o paso vital por este marabilloso e fermoso planeta chamado TERRA, pra que o noso impacto teña as menores repercusións nos ecosistemas, neste caso mariño e deste xeito estes ecosistemas podan asimilar dunha forma natural a nosa forma de sociedade, a nosa forma de vida. Porque como dicía un gran científico meio ambientalista castelá :  “No mundo so existen tres tipos de riqueza; a riqueza económica, a riqueza cultural e a riqueza biolóxica sendo esta última, a que fai posíbel as dúas primeiras”.

O gran pulmón, ese gran descoñecido