PINTURA

|

A que lle puxo Reganosa aos seus enormes tanques, como un recoñecemento implícito da desfeita medioambiental cometida na nosa ría, co emprazamento deses monstros nun entorno paisaxístico de valor incalculable.
E tamén como demostración de que nunca tivo un certificado ambiental que xustifique tal barbaridade.
Eu teño a dúbida de se o pintado é un daqueles “encaixes legais”, que o presidente da Xunta anunciou, despois de que o Tribunal Superior de Xustiza do Estado confirmase a ilegalidade ambiental da planta regasificadora.
Agora quédalles “encaixar” o atentado ecolóxico que supón a esterilización e o enfriamento progresivo das augas da ría, que rematarán por eliminar todo vestixio de vida animal e vexetal, coas terribles consecuencias, non só ecolóxicas, senón tamén económicas.
En resume, que a planta de Reganosa non só non aportou aquela morea de postos de traballo que prometera, senón que está a destruír o medio de vida de moitas familias.

 

PINTURA