Solucións

Ferrolterra exixe solucións”, foi o lema da xornada reivindicativa do pasado 12 de xuño. Seguimento total da folga xeral comarcal en todos os sectores e unha maré humana percorrendo as rúas da cidade, na procura de decisións políticas urxentes para lle pór freo á sangría da destrución de emprego, ao desmantelamento dos sectores produtivos básicos e ao recorte dos servizos públicos. Resultados políticos, cando xa pasaron tres meses e medio, inexistentes. Os gobernos do PP seguen sen dar resposta a temas claves: eliminación do veto político que pesa sobre os estaleiros da ría, construción do dique flotante, centro de reparacións navais prometido polo presidente da Xunta, iniciativas a respeito das empresas en crise… Dicía recentemente o Papa Bergoglio, Francisco I, que onde non hai traballo non hai dignidade. Certo, mais cunha matización, hai a dignidade das persoas e a indignidade dos partidos políticos responsábeis.

 

Solucións

Te puede interesar