EN QUERENDO, PÓDESE

|

Non vou ser eu quen entre a valorar a decisión do Goberno español de lle dar o nome de Adolfo Suárez ó aeroporto de Madrid-Barajas. Hai bastantes aeroportos no mundo que levan o nome dalgunha personalidade. Dos que eu coñezo só dous levan no identificador o nome da persoa que lles dá nome: o neoiorquino John F. Kennedy (JFK) e o parisino Roissy-Charles de Gaulle (CGG). A grande maioría, pola contra, teñen como identificador tres letras relacionadas co nome da localidade na que radican ou da(s) cidade(s) á(s) que prestan servicio: José Martí de La Habana (HAV), o Ministro Pistarini de Ezeiza-Buenos Aires (EZE), o Gral. Cesáreo L. Berisso de Carrasco-Montevideo (MVD), o Leonardo da Vinci de Roma-Fiumicino (ROM), o Galileo Galilei de Pisa (PSA), ou o Atatürk de Estambul (IST), por falar só nos que teño estado. Só os italianos teñen nomes alleos á política. O poeta modernista cubano participaría de ámbalas opcións. O rechamante é a rapidez de Madrid en realizar estes cambios de nomenclatura. Nada urxente.

 

EN QUERENDO, PÓDESE