Álvaro Porto Dapena: un amigo que nos deixa

Nos deixou un amigo, un home bo e xeneroso, traballador e amante da súa terra.
José Álvaro Porto Dapena era natural de San Xiao de Narón e vivía en Cedeira, aínda que era frecuente velo por Ferrol. O pasado venres fora nomeado Fillo Adoptivo de Cedeira.
Licenciado en Filoloxía Románica e doutor pola Universidade Complutense, estivo a cargo da Cátedra de Lengua Española da Universidade da Coruña.
Membro da Real Academia Española de la Lengua foi un gran coñecedor da lingua galega.
Autor de diversos libros, no que a Ferrol atinxe, Porto Dapena foi autor dunha notable publicación: “El gallego hablado en la comarca ferrolana” e durante moitos domingos escribiu para Diario de Ferrol o espazo titulado “Con nome propio” no que tratou da toponimia da comarca da Terra e Mar de Ferrol.
Durante os últimos anos tiven unha estreita relación con Álvaro Porto.
Con respecto a Ferrol, tiven a honra de traballar con el en varios artigos sobre a historia medieval de Ferrol, publicados na revista Estudios Mindonienses.
Igualmente na serie histórica sobre os barrios da cidade ferrolá (Ferrol Vello, Esteiro, Magdalena e Canido) que estamos a coordinar Guillermo Llorca e eu mesmo, entre os numerosos colaboradores de cada tomo nunca faltou o traballo de Álvaro Porto, estudando con detalle os topónimos de cada un dos devanditos barrios.
Nos deixou un amigo, un home bo e traballador.
Á súa familia e achegados, miñas condolencias pola súa perda.

Álvaro Porto Dapena: un amigo que nos deixa

Te puede interesar