Silencio

Teño que dicir que a gloria non está hoxe nos grandes discursos. Quero sinalar que actualmente o mellor labor para a transformación política e social non se encontra nos resumos comentados das agresións do Goberno. Creo que algúns deberiamos aprender a escoitar máis. Non o penso con tranquilidade, é unha necesidade urxente. Non somos moitos os que habitualmente representamos en distintos foros da nosa cidade, neste por exemplo, a contestación contra o PP. Temos moitos vicios e poucos talentos e tapamos outras voces máis frescas e mesmo preparadas. Sinto que agora somos máis un problema que unha solución e non damos bo exemplo. Se as mareas ou outras opcións de converxencia poden ter éxito vai depender en boa medida de incorporar novas formas colectivas ao lugar que agora ocupamos os “profesionais” da protesta. O silencio pode ser un bo conselleiro, escoitar novas melodías e reflexionar sobre este tempo.

 

Silencio

Te puede interesar