Baixo sospeita

|

Se digo que China está baixo sospeita, xa dende o primeiro momento do coronavirus, non descubro nada novo. Con toda seguridade eses escuros laboratorios de viroloxía da cidade de Wuhan poderían falar moito, se quixeran ou os deixaran, sobre a orixe do Covid-19, que tamén se chama así esta calamidade que nos atinxe a todos, e da súa expansión polo mundo enteiro. O feito de que haxan tardado tanto en alertar a tódolos países do que estaba a pasar non é doado de entender. Esas historias de morcegos e de pangolíns, non convencen a ninguén. As autoridades chinesas teñen a obriga de divulgar un informe exhaustivo do que pasou no seu país, dos pasos adoitados para erradicar o mal e mesmo da súa situación actual. Pola contra, a súa resposta ás preguntas de Australia, ameazando con romper as relacións, é preocupante e sospeitosa dabondo.

Seica o presidente Trump, está a investigar a autoría, accidental ou voluntaria di el, ameazando con represalias si se demostra a súa culpabilidade. De momento, como xa dixen nun apunte anterior, é China o único país beneficiado coa pandemia, outro motivo de sospeita.
Eu particularmente, penso que uns e outros saben moito máis do que dan a coñecer nos medios. Sigo mantendo a opinión de que a economía ten moito que ver coa propagación desta pandemia que xa leva, a día de hoxe, máis de 3.500.000 contaxios e preto de 250.000 vítimas, e non falemos xa das perdas económicas que están a provocar, en pouco máis de catro meses, unha recesión sin precedentes a nivel mundial á que non se lle ve o final.

Comeza agora a segunda parte dun partido que non se sabe como se vai a desenrolar nin como nin cando vai rematar. O que si está claro é que o coronavirus está aínda presente e que estamos moi lonxe da súa erradicación.

Os políticos ao seu, como sempre, que é a procura de votos a calquera prezo o que, nestes intres que estamos a vivir, é razón suficiente para a súa descualificación ad eternum , dos de aquí, dos de alá e dos de acolá. Tamén eles, todos, están baixo sospeita.

Baixo sospeita