Xa é hora de que os españois saibamos con exactitude o que é España pois semella que ese concepto ten diferente significado, dependendo de quen faga a definición. De nenos aprendéronos que España era “Una Grande y Libre” ou “Una unidad de destino en lo Universal”. Tamén houbo quen dixo aquilo de “Queremos a España porque no nos gusta”. Todo moi bonito, pero moi pouco explicativo. Tamén está a definición de Nación como unha comunidade de individuos, cunha lingua, territorio, cultura e historia comúns. Porén, en España resulta que hai varias comunidades diferentes, que reúnen esas condicións. Eu acredito nesta definición, mais engadaría que: “Individuos que queren vivir xuntos”. Porque se non hai esa vontade de convivir e colaborar, nunca haberá unha verdadeira “comu-unidade”. Por iso, é indispensable o convencemento de participar nun proxecto común. Porque a unidade imposta, pode rematar por rachar e, se cadra, de mala maneira. Non sería a primeira vez. Verdade?