Paxaro fermoso de doce canto

Non quería meterme en camisa de once varas ao pretender dar lecións de política partidaria que leve a copmplicar máis aínda a cuestión da unión da esquerda e máximo cando nestes momentos estase a cociñar calgo transcendental para Galiza. Mais como son amigo da Historia, esculco nesta mestra da vida, e recibo a leición desta unión da Esquerda do Frente Popular da República nas elecións do 1936. Incluso anacos de Direita, Partido Galeguista, dos bos e xenerosos, se é posibel crer que hai bos e xenerosos na direita, pois nada hai imposíbel, uniuse á esquerda daquel Frente Popular. Pois xa que estou metido na camisa de once varas sen querlo, sigo. 
“Mutatis mutandis”, cambeando o que faga falla, pois xa sabemos a nivel de Estado é imposibel, mais posibel é a nivel de Galiza. Isto foi o que quixo aprender, daquela leción da historia, o Banquete de Conxo de setembro pasado, representada  a esquerda galega e algúns bos e xenerosos. E alí xurdiu o compromiso “Iniciativa pola unión”. O 31 do mes pasado houbo outro encontro. Á reunión asistiron Anova, BNG, Coalición Galega, Compromiso por Galicia, Terra Galega, AGE, Encontro Cidadán por unha Marea Galega e Foro Aberto. 
Mais tampouco acada un acordo para formar a Candidatura Galega. Agora hai un acordo da Marea Galega, ou só Marea, que inclue Anova, EU e Podemos, e falta  o BNG e outros. Magoa que teñamos que apeitar o esnaquizamento dos intereses partidistas ou máis ben personlistas cara un obxetivo que ten que ser común: democracia, dignidade, traballo na Galiza, saúde, ensino, vivenda, e xustiza igoal para todos, na nosa patria, na nosa nazón, na nosa Terra, noso País, cada un como queira; mais todos na Galiza.
Lembro unha parábola moi axeitada que dá pé ao encabezamento. Sergio Ramírez, escritor, que formara parte en Nicaragua da Junta Nacional de Reconstrucción Nacional, fala do fracaso da revolución sandinista e pon a parábola do Fermoso Paxaro de doce canto. Este paxaro de doce cato e de fermoso plumaxe e relocentes cores voa por riba das nosas cabezas incitando para collelo, e cando alguén chega a pillalo só lle queda nas mans unha morea de esterco e feces. E é que se trataba do paxaro falso, aplicándolle o conto ao sandinista  “somocita” Daniel Ortega. 
De excrementos tamén por aquí andamos cheos. O paxaro que voaba sobre as cabezas de moitos dirixentes políticos emporcallou arreo. Emporiso, tamén este escritor fala do paxaro verdadeiro que entre todos podemos facer que veña a reconstruir o perdido. 
A nós, que nos queda a posibilidade do voto, mais tamén a participación na loita social pola mellora da nosa xente, neste momento proclamamos este berro: Xente da boa política, da que por nada do mundo se corrompe, que loita por Galiza!!!, facede que ese feromoso paxaro de doce cantoconviva nas nosas fragas, nos nosos parques, nas nosas escolas,nosos bairros, no campesinado, nos movimentos obreiros, na xuventude ben preparada para que non marche, porque aquí haixa traballo arreo.
Coas Mareas, cos galeguistas, cos nacionalistas, coa esquerda, cos podemos, cos movimentos populares, faremos que sobre as nosas cabezas voe o fermoso paxaro de doce canto verdadeiro?

Paxaro fermoso de doce canto

Te puede interesar