Agasallo

Nun dos actos de memoria e reivindicación republicanas ós que asistín apareceu o camarada Alejandro del Río cunha bolsa e díxome que me traía un regalo. Abrín a bolsa e alí estaba un disco de vinilo de Andrés do Barro, que contén “Corpiño xeitoso” e mais “Rapaciña”, esta segunda con letra de Xavier Alcalá. Conmoveume recibir o obsequio, en perfecto estado de conservación. Unha pequena xoia. Xa na casa, viñéronme á cabeza moitos recordos. Lembrei os veráns familiares na praia de Cabanas e a fermosura dunha rapaza ianquí filla dun enxeñeiro que estaba temporalmente en Astano e que vivía no noso bloco e á que lle facía as beiras o que pouco despois sería afamado cantante. Tamén me veu á cabeza que o “Corpiño xeitoso” chegara a ser número 1 dos 40 Principales en 1970. Foi a primeira e única canción interpretada en calquera das linguas cooficiais do Estado en conseguir tal éxito. Hóuboas moi, moi populares –algunha outra tamén do propio do Barro– máis ningunha chegou a acadar ese cume de audición e vendas. Benzóns Alejandro.

Agasallo

Te puede interesar