Opinións

|

Adoito ler o xornal a cotío, reparando nos artigos de opinión de persoas que, se supón son coñecedoras a fondo do tema do que escriben, porque coido que, é deses artigos, dos que se pode aprender algo. Mais ás veces, o que se lee parece unha descarada intención de crear opinión a favor dunha ideoloxía concreta. Unha desas opinións cualificaba ao actual Goberno de España de “despótico e tiránico”. En principio, paréceme que ambos epítetos teñen igual significado, polo que supoño que o autor pretende reforzar o significado. Por outra banda, sorprende esa vehemencia acusatoria utilizando uns cualificativos, que ao xefe da oposición nunca lle escoitei, pois moi ao contrario, acusa ao Goberno de brando, de ceder as súas responsabilidades ás Autonomías e pactar con diversos partidos para manterse no poder. Xa que logo, é moi probable que o sufrido lector quede confuso, sen saber con que quedarse, malia que os dous tiros veñan da mesma dirección. Paréceme a min, claro. 

Opinións