E mañá?

|

Omagnífico resultado na Galiza de En Marea-Podemos non oculta que algún dos obxectivos que marcaban non se lograron: nin se  derrotou ao bipartidismo (PP/ PSOE) aínda que fica moi erosionado, nin se rachou coa hexemonía do PP que recibe un apoio coa aparición de Ciudadanos. É incuestionábel que o resultado, se a esquerda soberanista e federalista tiver concorrido nunha lista unitaria, sería outro moito máis favorábel. Eís un dato moi relevante que obriga a vertebrar unha lista unitaria para ás vindeiras eleccións na Galiza que se marque como obxectivo gobernar.
E , por outro lado, estas eleccións expresaron con claridade que aprofundización na democracia no Estado español non se pode entender sen resolver a cuestión nacional. Eís a relevancia do conflito con Catalunya na crise do réxime e o papel das forzas soberanistas no parlamento que se ven de conformar. E mañá repetiremos os erros que nos asfixian ? 

 

E mañá?