Perdedores

|

Semella que a formación dun goberno está complicada despois dos resultados das eleccións. Os analistas fan toda unha serie de combinacións para establecer as posibilidades de pactos e alianzas que permitan gobernar a este –segundo moitos – ingobernable país. E como sempre, o Partido Popular reclama o seu dereito a gobernar, porque din que gañou as eleccións. Por suposto, non hai dúbida de que o PP foi a lista máis votada, mais tamén quedou claro, que a opción preferida dunha grande maioría de votantes, por unha diferenza de 17 millóns contra 7, foi a de que o PP non gobernase. Pódese considerar vencedor quen colectou semellante rexeita dos gobernados? Por outra banda, os resultados amosan a inxustiza dunha lei electoral sen pés nin cabeza, que adxudica 2 deputados a un partido con máis de 9 mil votos e, 6 deputados a outro con 3 mil. As preguntas son, quen perdeu aquí? E, cando gobernarán os perdedores?

Perdedores