Un cúmulo de miserias

|

ai uns días un compañeiro de traballo, mandaba me unha nova de un xornal, na que falaba se, de que unha directora de unha residencia de maiores, apropiouse de unha certa cantidade de diñeiro de un maior, o cal, estaba bastante delicado de saúde. 
Isto levoume a pensar, que fai posíbel que unha persoa con un cargo de alta responsabilidade, boa posición social, suponse tamén que cun bo salario, arrisque se ao escándalo que supón o ladrocinio, ademais de unha cantidade que nom lle vai solucionar a vida e vote a súa honra e posibelmente a da súa familia pola borda. 
Porque aínda que os seres humanos estamos cheos de miserias, sendo estas miserias superiores xa que, é o prezo a pagar por ter capacidades superiores, é indudábel que o culpábel de que en moitos humanos afloren estas condutas, é o sistema. Refírome como non ao sistema capitalista. 
Porque o capitalismo como calquera comprendera basease no consumo. Consumo de toda clase. E dicir consumir pra vivir e sobre todo consumir pra ser feliz. 
Lembran se vostedes dos anuncios xa nos anos corenta do século pasado nas radios e TV dos EUA “familia que consume familia feliz”. 
Primeira gran mentira do capitalismo; nom é o consumo o que da a felicidade é todo o contrario; o que da a felicidade é o aforro xa que este, nos da seguridade e como o lector intuirá, se te sentes seguro sentes te ben. 
Consumir pra obtención da felicidade, refírome ao consumo como norma, xa que todas e todos algunha vez termos comprado algo pra darnos unha alegría, consumir como norma pra obter felicidade repito, implica consumir cada vez un pouco máis pra deste xeito, poder obter, que nom baixen os picos da hormona da felicidade e esta, siga inundando determinadas áreas do cerebro.
Cando a Alemaña do este renunciou ao marxismo, ao cabo de moi pouco tempo, as autoridades sanitarias empezaron a ver como pasaron de non ter persoas adictas as compras, a crecer os casos destes vertixinosamente. 
E nom porque nos países marxistas nom se consumise, senón porque estes nom baseaban o consumo no motor de crecemento do país. 
So un dato: Os primeiros computadores, as primeiras redes de “internet”, os pais da intelixencia artificial nacen e son da URSS.
Xa pra rematar dicía un teórico da psicoloxía social, que o capitalismo é o sistema que máis desigualdades produce e ademais añado eu, é o sistema que fai, que nos humanos afloren a luz todo tipo de miserias. Porque ao final os animais humanos é o que somos: un maldito cúmulo de miserias.

Un cúmulo de miserias