Unha comunidade humana que se aprecie, teña sentido de si mesma e queira sobrevivir, ten de mirar sobre si, volver ao pasado e recoñecerse nas figuras máis senlleiras da súa veciñanza. Coñecín a Pepe Grandal a pouco de chegar a Piñeiros no ano 1968. Presentoumo Emilio Gómez, do Estanco, e ben que llo agradecín. Tardei aínda un tempo en ir collendo confianza con el pois Pepe Grandal non era un botado para adiante, nin un “falabarato”. Grandal, así o coñeciamos todos na veciñanza, era un home calado, moi observador, sempre de traxe e garabata, elegante sen afectación, culto e de formas cultivadas. Honrado a carta cabal. Un amigo excelente que nunca che faría unha traizón e que con educación che manifestaba se as cousas as vía torcidas ou ían ás avesas. Non casaba coas inxustizas, nin coas mentiras, nin coas calumnias. En resumo, era un home de peso.
Fora moi deportista nos seus anos novos e aínda conservaba a súa debilidade polo ciclismo. Nada que ver a bicicleta que el posuía coas sofisticadas de hoxe. Pero el sempre tivo, para aqueles tempos, unha boa “máquina” e percorreu boa parte da Galiza dando pedal. Coñecía perfectamente todas as estradas de daquela e sabía moi ben dos puntos duros, deses chamados “rompe pernas”, incluídas as fochas, que máis dunha vez lle deron desgustos. Por iso, xa maior, viámolo aínda achegarse a Ferrol, Xuvia, Neda ou outras paraxes das contornas. E, de volta, viña tan “pichi”, coma se tivese quince anos.
Sabía ir en compaña pero principalmente era un lobo solitario e pasábao moi ben, pois a onde chegase alí lle esperaban sempre amigos que moito se alegraban cos seus saúdos e visitas. Eu sei que a Pepe Grandal, naqueles tempos da república, guerra e ditadurafranquista, fixérono sufrir abondo xentes pouco de fiar, precisamente por ser calado e non “chivatear”. Quixérono utilizar de todos os lados pero el mantívose sempre no seu ser de home de peso.Por iso o perseguiron.
Iso non quere dicir que cando houbo que arrimar o lombo non se comprometese a fondo e con palabras ben meditadas e pensadas.
Poñerei dous casos ben significativos: O apaedeiro de Piñeiros. Só el sabe canto traballou, visitou, falou, conversou para convencer do interés comunitario deste novo servizo comunal.
Tal vez sexa agora cando de verdade nos damos conta da súa utilidade. Incluso alguén pode pensar que se lle debe a FEVE e ao seu proxecto inicial. Nada máis lonxe da realidade. Iso si. Cando a inauguración, os que se puxeron para a foto e se atribuíron os méritos pouco tiñan que ver co asunto, salvo algúns que traballaron para impedir que se fixera. Aquel día Pepe Grandal estivo, coma sempre, discreto, calado, silencioso, entre a xente. Dábase por pagado coa consecución da súa teima.
Ben merece Pepe Grandal unha placa de recoñecemento ou algo mellor que non se poida destruír e garde a súa memoria imperecedoira para cantos vindes detrás ou chegades doutras latitudes. Incluso podería ser o nome oficial: “Apeadoiro Pepe GrandaL. Piñeiros” . A ver se non se queda en palabras e entre todos o facemos posíbel. Merecido o ten. Eu apúntome.
O segundo feito foi o compromiso contra do abuso a Marujita Novo cando a viron o suficientemente soa e desamparada para “chaparlle” as súas terras. Asunto ben feo foi aquel. Pepe Grandal, xunto con outros veciños honrados, estivo á fronte da defensa do débil. Aí están aínda Ofelia, a titora, Emilio, Tolíne moitos outros, para testificaren canto se fixo para que o peixe grande non abusase e comese á vítima indefensa. Grazas a eles todos, tamén a D. Pedro Roca Alcalde, Marujita tivo unha vida máis pacifica e volveu a ter un sorriso na cara.Que Deus llelo pague a todos. Eu tamén lles estou agradecido.