Dique si, dique xa

Sobre a negativa do PP a construír o dique flotante, a pular polos estaleiros públicos da ría de Ferrol e pola supervivencia desta comarca, atopamos un enguedello escuro de mentiras e intereses contrarios a Ferrol e a xente traballadora, á que non lle deixan facer o que sabe, barcos. Díxonos con todas as letras o saínte comisario da competencia, Joaquín Almunia, que non se presentou por parte do Goberno ningún proxecto técnico de dique flotante e ningunha proposta de financiamento público; apenas se fixo unha consulta vaga, das que se realizan sen ganas e para  cubrir o expediente, e que se negan a darnos; comportamento fraudulento coa nosa cidadanía, que perdeu 4.200 empregos por esas  mentiras e negativas do PP, e antes do PSOE, a construír o dique.  Descoberto o xogo tan mentireiro como dramático do PP, só queda esixirlles que rectifiquen e presenten a fume de carozo un proxecto técnico e o seu correspondente financiamento; o demais é pura indignidade e terrorismo económico gubernamental contra este pobo.

 

Dique si, dique xa

Te puede interesar