Tardenoite de concerto

Mirádeo ben, que xa non lle queda moito”, ou algo parecido, é o que nos dixo, o xoves pasado, o vello e querido amigo Vicente Araguas cando nos atopamos nas portas do Vicente Calderón. E abofé que nos deleitou. E tanto. Parece ser que no asunto do derribo do campo de xogo do Atlético alea jacta est. Mais, antes do traballo destrutor do zapapico, as instalacións deportivas nos acolleron, máis unha vez, para poder gozar dun espectáculo verdadeiramente inesquecible. As corenta mil persoas alí reunidas gozamos o indicible. Non había máis que ver as caras de alegría, os cantos, os bailes... Auténtico ambiente festivo ollando e escoitando un dos pais da música coa que algúns nos fixemos homes e outros e outras xa naceron. Case tres horas –pasadas a todo filispín– de temas dos Beatles, de Wings ou máis recentes, como “My Valentine”, tocados na compaña dos catro formidables instrumentistas cos que conta desde hai máis dunha década. Formidable.    
 

Tardenoite de concerto

Te puede interesar