Desistir

a súa emocionante obra “A miña planta de laranxa lima”, o escritor brasileiro José Mauro de Vasconcelos rendía homenaxe nostálxica aos seus irmáns; Luís desisteu de vivir aos 20 anos e Gloria, ós 24, tamén considerou que vivir non valía a pena. 
Aínda que non sexa realizado como un acto traumático, senón máis ben como desaparición social, teñen esa idea cada vez máis persoas maiores? Estamos decepcionándoos?
A estatística, cruel matemática, mostranos que ano a ano medran os números de maiores que viven e morren sos, os adultos tutelados, os tempos para as prestacións de dependencia, os ingresos en residencias, os servizos “humanitarios” das policias locais, mentras os servizos sociais públicos non se incrementan paralela e proporcionalmente en persoal e recursos. Estamos as familias, veciñanzas, administracións e a sociedade xeral desistindo de preocuparnos e ocuparnos verdadeiramente máis deles?

Desistir

Te puede interesar