Os problemas de sempre

Hai pouco o director deste xornal sinalaba nun artigo os problemas máis importantes de Ferrol que, segundo a súa autorizada opinión, seguen a ser os mesmos de sempre, entre eles, o do barrio de Recimil. Case ao mesmo tempo, na sección de “Hace 25 años”, aparecían dúas referencias a este barrio, informando que, “o Alcalde tiña a intención de vender as vivendas aos inquilinos” e que, na opinión do concelleiro de urbanismo, “a solución para Recimil, era vender as vivendas aos inquilinos”. Se a iso engadimos as repetidas peticións de moitos veciños para mercar os seus fogares e, os dous acordos plenarios UNÁNIMES do Concello para tratar do asunto, non parece nada claro que o tema continúe sendo un problema para Ferrol. Sábese seguro que problema de entón non era de Ferrol, senón de poderosos intereses especulativos, pero agora esa posibilidade é practicamente nula e, xa que logo, quen é agora o responsable? Quen non quere escoitar nin falar do tema? Eu seino. E vostedes?

Os problemas de sempre

Te puede interesar