CHAVE

Ainglesa, a que seguindo o afortunado título de Guillermo Ferrández, “Ferrol: la llave inglesa” (Edicións Embora) serviu para abrir os asteleiros ferroláns. En tres etapas como aprendemos do libro, que se ben, como ten apontado Guillermo, bebe de fontes xa exploradas, ten a forza e a creatividade que son selo da casa.

E as tres etapas serían a ilustrada, con Jorge Juan en primeira liña, mesmo facendo de espión en Inglaterra ao servizo dos que serían dos primeiros asteleiros de Europa, a segunda, co marqués de Molíns, o que dá nome ao cantón, e a “vaporización” dos buques, a terceira, dirixida polo almirante Ferrándiz, coa Constructora en mans británicas, contribuíndo como nas fases anteriores ao renacer dunha flota desfeita. Por erros propios ou acertos alleos. Así o desastre do 98. Ademáis Guillermo Ferrández, neste manual espléndido, reconstrúe a intrahistoria ferrolá, con énfase no momento espectacular que foi a muda dunha pequena vila de pescadores en cidade vigorosa.

Tanto como para acadar os trinta mil habitantes, e todo o que iso conlevaba. Ben reproducido por Ferrández. Quen igualmente informa da vidiña que aportaba a colonia inglesa, incluíndo a carta dun Mr. Littlewood, que no ano 1972, desde Yorkshire, lembraba os seus días ferroláns. E mención especial para os Langtry. A un deles, Don Alberto, debo eu a miña iniciación na lingua anglicana. El, pois, a miña chave inglesa.

CHAVE

Te puede interesar