“TODOS SON IGUAIS”

En tempos de eleccións adóitase escoitar esta frase, que xa se converteu nun tópico e que é usada como unha especie de xustificación,  por persoas desdeixadas que tanto lles ten quen goberne, porque teñan a súa vida máis ou menos apañada, o que fai que se desentendan da súa obriga de procurar o mellor para todos, especialmente para os que están en dificultades económicas, que soen depender do xeito de gobernar e lexislar por parte dos políticos que estean no poder. Coido que esa frase non se axusta á realidade e que é moi inxusta para aqueles políticos con verdadeira vocación de servizo. Tan falsa é que, incluso dentro do mesmo partido, hai persoas radicalmente distintas entre elas. Por exemplo, vimos como a candidata dun partido nunha cidade quería favorecer a participación cidadá, mentres o candidato do mesmo partido, noutra cidade, boicoteou un Regulamento de Participación Cidadá, aprobado por anteriores corporacións. Non é o mesmo, verdade?   

 

“TODOS SON IGUAIS”

Te puede interesar