Rebeldía grega

Neste xaneiro onde a recuperación a notan os amigos do PP, moitas e moitos de nós  militamos no partido da rebeldía grega, nesa Syriza que afirma que se pode ser cidadanía grega e ter unha vida digna, que o futuro pódese construír coa arxila da esperanza e non cos ladrillos do austericidio.
O pobo grego vai  arriar a bandeira austericida que a troika izou no Partenón, e coa súa loita e mobilización destes anos indícanos cal é a disxuntiva: democracia e benestar ou oligarquía e fascismo social. En Grecia xogámonos que decida o pobo ou que decidan uns centos de familias que conforman a oligarquía. A maioría social deste país contempla con ilusión como a cidadanía da Syriza loita para derrotar aos persas da troika no Maratón ou a Salamina do 25 de xaneiro. Tarda que no noso país saiamos as rúas a celebrar e alentar unha batalla política que hoxe ocorre en Grecia e que logo daremos aquí. Solidariedade coa rebeldía grega.

 

Rebeldía grega

Te puede interesar