Negocio

Non sei se entendín ben, pero parece ser que nestas novas eleccións, o Estado volverá a pagarlle a cada partido político unha certa cantidade de euros por cada deputado conseguido nas urnas. Eu pensaba que, sendo unha repetición das anteriores, xa non habería que pagarlles outra vez, pero se hai que lles pagar, os partidos políticos que fixeron imposible un pacto de goberno, que desde a miña visión son todos eles, fixeron un negocio redondo. Xa que logo, que non sexan parviños e que despois deste novo “buzoneo” que volvan a repetir a historia, que non cheguen a acordos, que non haxa novo goberno, que os que están agora sigan “chupando da teta” e despois doutros seis meses, volta a votar e negocio redondo. E para disimular un pouco, poden facer outras coalicións, outras listas e, inclusive, intercambiar deputados como os cromos do fútbol. E a xente  a votar e a calar, que non servimos para máis. E que viva esta democracia do demo, feita por eles e para eles.
 

Negocio

Te puede interesar