MACHISMO, CORRUPCIÓN

Semella que a difícil loita pola igualdade a resolve o PP en Ourense, na presidencia da deputación, cun atroz exercicio que mistura corrupción e violencia simbólica, explotando a  necesidade de ter un emprego para satisfacer a embrutecida sexualidade do poder. A denuncia de acoso sexual que a fiscalía tería que investigar dilixentemente atopou a incredulidade do presidente Núñez Feijóo, pronto a exculpar o seu cacique de Ourense por unha presa de votos. Os principios do presidente semella que valen menos que os seus intereses. Nefasta pedagoxía a que se  transmite sobre os dereitos das mulleres, sobre a nosa  dignidade, que tería que fundar unha  sociedade xusta onde non se comercie cos nosos corpos. A defensa do presidente da deputación que fai Núñez Feijóo axuda a  explicar algunhas razóns dos retrocesos nas loitas pola igualdade, a diagnose crítica emitida na UE a conta do informe Sombra, a feminización da pobreza, a violencia da prostitución… para o poder apenas somos outra cousa que mercadorías.
 

MACHISMO, CORRUPCIÓN

Te puede interesar