Arte

Quizais moitos non o saben e outros o esqueceron pero eu cheguei á política a partir da arte. Esta fin de semana pedín unha tregua e marcheime a Madrid a desenvolver aquela actividade que marca a miña relación co mundo e a vida. Unha feira, como calquera outra situación, pode ser unha boa ocasión para a reflexión.
En xeral todos recoñecemos de forma case instintiva a ilusión e o talento. A forza xerada pola creación sempre é moito máis intensa que a que se precisa para destruír. Hai moitos dispostos a sinalar co dedo os erros cometidos polos que arriscan pero non nos equivoquemos, é vida e a vida é imparable. Temos a obrigación de comunicar en positivo. A necesidade de ser capaces de transmitir que unha alternativa é posible e achegar á súa visualización ao conxunto da sociedade. Paremos un momento, todos temos unha revolución dentro, non a malgastemos, non bailemos o ritmo dos poderosos.

 

Arte

Te puede interesar