Non hai dúbida

Só faltaba outra confirmación máis da teoría de que no aire galaico anda o mal en forma de demoño introducíndose na xente e que hai que extirpalo. Así que todos a San Campio, en Tomiño, a someterse a unha desintoxicación dos diantres, que non é máis que un de tantos lugares máxicos onde os aborixes sente a purificación da alma e revelacións divinas ou sobrenaturais, que por aquí non hai diferenza entre cristianismo e paganismo, aínda que as novas xeracións xa andas perdidas de crenzas sen caídas de cabalos e os únicos tropezos que teñen son debidos ao exceso de botellóns.
Non hai tantos anos, calquera galaico de pantalón corto que tiña o seu primeiro contacto coas doutrinas da igrexa recibía dúas listaxes onde en cada unha viña detallado como comprar o billete para ir ao ceo ou para o inframundo. A verdade é que a elección era fácil, o camiño do mal era e é moito máis atraente para a mentalidade local. 

Non hai dúbida

Te puede interesar