O mar

|

Despois de meses exercendo unha forza irresistible, volve o mar a reclamar a súa cota de vidas, como pago á riqueza que os homes extraen do seu seo. Ese rosario de naufraxios, engadidos ás catástrofes causadas polo lume e o vento, parecen reivindicar a indiscutible autoridade desta cabreada natureza, que zorrega sen piedade todo o que se pon por diante, cebándose especialmente nos máis vulnerables. É como se quixera demostrar que pode impoñer a súa forza e vontade de calquera xeito e en calquera tempo e lugar e que todos estamos expostos á súa vinganza, como resposta ás agresións que o ser humano está a exercer na súa contra. E non aprendemos. Día a día estamos a seguir con esta conduta suicida, que nos leva cara á destrución da vida na Terra. Fan ben os científicos en buscar outro lugar onde continuar a vida que aquí hai, porque falando en clave de milleiros de anos, isto pouco pode durar. Claro que, a quen lle importará? A burro morto, cebada ao rabo. Non si?

 

O mar