Puigdemont dixo nin que si nin que non

Éo que me suxire o deste señor, ó que lle supoño un grande ego e, tamén, unha grandísima miopía política. Porque está ben o de que todos os pobos teñen a súa identidade pero resultaría difícil entender hoxendía a esta Cataluña senón fora porque é precisamente o de formar parte de España o que lle outorga o seu xeito de ser, o que en definitiva configurou a súa historia interior, pero tamén a que lle otorgou a este país parte da súa. Así que o que supoño que o señor Puigdemont dixo onte foi algo así como que si pero non e que non pero si. Case, case, como aquelo outro do conto da boa pipa. Talvez iso de que se lle estéan a largar empresas a puñadas cando outro iluminado, o señor Junqueras, dicía o día anterior a que se fora o Sabadell que non creía que tal poidera suceder, conte bastante nisto. Ou que, como xa saben moitos, non son ni moito menos a maioría os que pensan que a palabra “independencia” ten unha soa sílaba. Sembrado quedou o coto.

Puigdemont dixo nin que si nin que non

Te puede interesar