Impostos

|

Dise que o novo Goberno do Estado quere cobrar un imposto ás entidades financeiras, cousa que non parece moi axeitado, pois os pobres banqueiros xa teñen problemas dabondo, miñas xoias, para chegar a fin de ano e contar os millóns das ganancias. A min non me estraña que os pobres homes estean cabreados, pois ademais de gardar os nosos cartos, grazas a eles, hai parte da xente do país, que medra e medra e segue medrando e, seica iso é moi importante para a economía (ou deberíase dicir a “econo-súa”). En calquera caso, coido que o Goberno podería non aplicar ese imposto, cambiándoo pola inversión “voluntaria” dunha parte dos beneficios bancarios na creación de postos de traballo e na nivelación da “sima” salarial, cousa que as entidades financeiras poderían usar como propaganda, o que tamén sería importante e beneficioso para eles, pois poderían fachendear de patriotismo económico. Digo eu, claro, pero non me fagan moito caso, porque, quen son eu para dar ideas?

Impostos