Discriminados

Anosa Constitución, no seu artigo 14, establece a non discriminación por varias razóns concretas “ou calquera outra condición ou circunstancia”. Pero resulta que hai algúns casos discriminatorios, sen que a ninguén se lle ocorra protestar. Velaí o caso dun equipo “B” ou filial que, no suposto de gañar legalmente un ascenso de categoría, non poden ascender, polo descenso a esa categoría do seu club principal. Este podería ser o caso dos xogadores do Fabril, se gañasen o ascenso, despois do seu esforzo de toda a temporada. Certo que a Federación, gobernada por un fato de inmobilistas sen ideas, así o ten disposto nun regulamento, que debería ser declarado anticonstitucional por discriminatorio, pois penaliza aos que fixeron ben o seu traballo, por culpa dos que non foron quen de cumprir coa súa obriga. Inxusto, non si? E por riba estúpido, xa que o problema ten unha fácil solución, con dous grupos de 2ª, que xa houbo hai anos. E por que se eliminou? Eu non sei. 

Discriminados

Te puede interesar