Agasallos

Con un día de atraso, fai hoxe xusto sesenta anos, recibía o seu único e marabilloso presente. Tras a súa moi valente decisión, quería ser nai e solteira, nacía o seu fillo.

Críalo non foi nada sinxelo e fácil para ningún dos dous, todo o contrario, toparon con todas as barreiras familiares, sociais, culturais e relixiosas imperantes no momento. O máis duro sen dúbidas veu do entorno máis íntimo e cercano, o amago de expulsión da casa por parte do seu pai que finalmente recuou. A moral, as costumbres e as circunstancias históricas na década dos cincuenta do século pasado non eran dende logo as máis adecuadas para pioneiras desta determinación.

Na actualidade xa na vellez, cando a veces bota unha mirada retrospectiva, síntese orgullosa e satisfeita por todo o que loitou para ter un fillo honesto, humilde, traballador, que é a súa fiestra aberta ao mundo e aos novos tempos. Dous grandes agasallos.

Agasallos

Te puede interesar