REFLEXIÓNS FORZOSAS

S empre sentín unha especial inclinación, polas cousas feitas dende a simplicidade, e coa complicidade morna da meditación e o silencio. Un gusto fondo, que foi medrando cos anos, polos vieiros de rotas humildes e sinxelas,  lonxe das parafernalias excesivas que conducen, inexorablemente,  á desmotivación e ao desencanto. Son partidario das estruturas sólidas, que medran paseniñamente, e fan avanzar da man, e conxuntamente, ás formas e ós fondos, dando sentido e estética a cada paso da sociedade e do seu tempo. Teño querencias adquiridas, pola forza do tempo e da costume, cara á disquisición e ao consenso. Estou notablemente lonxe, dos golpes de efecto e das fuxidas cara adiante, que só perseguen pírricos triunfos efémeros, para seguir sumando derrotas na batalla final.  Prefiro sementar palabras, unha a unha, para debuxar versos simples como aneis, antes que encher enciclopedias de arroubos  primarios e exaltacións consubstanciais diversas.

REFLEXIÓNS FORZOSAS

Te puede interesar