Cal é o motivo?

Vai uns días, os principais meios de comunicación do pais daban nos a nova, de que Galiza nos próximos anos ía perder mais do 5% da súa poboación; cerca dos 150.000 persoas que sumadas as galegas e galegos que se foron do país nos derradeiros 30 anos están a fazer, que dentro de uns anos Galiza sexa un país de xentes na súa maioría maiores.


Porque este 5% de poboación que imos perder nos próximos anos, nom teñan vostedes a menor dubida, de que será rapazada de entre 20-35 anos de idade. Mozas e mozos a maior parte deles fortemente preparadas cos nosos impostos, nos nosos centros educativos e que se iran a crear riqueza a outros lugares do planeta, posibelmente na maioría dos casos como man de obra barata. 

Datos que falan de que na Galiza vai 30 anos, tiñamos cerca dos150.000 meniñas-os, mentres que hoxe em día nom chegan aos 98.000. Polo contrario vai 30 anos as persoas maiores de 85 anos nos pasaban dos 45.000, mentres que hoxe en día son mais de 120.000. Con todo isto e lóxico que teñamos o peor saldo vexetativo do estado español (no 2016 morreron 13.000 persoas máis dos que naceron) xa que os encargados de traer fillas e fillos ao pais, están condenados a emigrar se queren formar as súas proprias vidas pola falta de traballo, pola falta de oportunidades. 


Mais un nom pode máis que preguntarse cal é o motivo desta situación? Se termos em conta desde un punto de vista obxectivo, de que Galiza é un pais con unha gran riqueza e con unha gran potencialidade nos principais sectores produtivos, os cales, están continuamente castigados e condenados a ser moeda de cambio dos intereses da oligarquía española; oligarcas estes, que condenan ao noso país e as nosas xentes, pra beneficiar os seus negocios noutras partes do estado español. É indudábel que isto acontece co beneplácito das principais forzas políticas españolas e as súas sucursais na nosa terra. 

Entón é entendíbel de que Galiza perda poboación em idade de crear riqueza xa que, si o que ten capacidade nom o potenciamos, máis ben todo o contrario e ao mesmo tempo negamos a industrialización ao país, entón a xuventude que é o grupo de persoas em idade de formar as súas vidas e que con seu consumo son os que fan crecer a nosa economía, nom queda lles máis que a condena da emigración. Porque o país é rico. 

Temos capacidade no agro, na gandería, em todo o que ten que ver co rural, na pesca, sectores estes que a pesar da dureza e crueldade co que foron tratados, desde a entrada no mercado común e co consentimento interesado de Madrid, aínda a pesar de todo, somos lideres no estado, demostrando a capacidade de producir e de superarse a pesar das situacións adversas, que ten o nosa xente. Resiliencia chamase en psicoloxía a esta capacidade típica das galegas-os, traspasada aos nosos xenes tras cincocentos anos de sometemento do noso povo. Líderes em produción de enerxía, lideres em aforro o cal, está a irse do país polas decisións interesadas do centralismo español, co consentimento de seus monicreques “galegos”. 

Como é posíbel que unha caixa galega, que capitalizaba a maior parte do noso aforro, unha vez saneada cos cartos da nosa xente, vendase a prezo de saldo a inversores foráneos, supoñendo isto, que aforro galego en vez de quedar na Galiza creando riqueza, ademais de recuperar a inversión do saneamento, marche non sabemos a que lugares . Pola contra unha caixa madrileña, a principal responsábel de que o estado español caese nunha das súas peores crises económicas, a cal estaba xestionada por drogadictos e puteros pertencentes as elites políticas do PP e que aínda hoxe em día, no está claro que estea saneada, esta caixa repito, nom se poña a venda.

Xa pra ir rematando, din desde o BNG que Galiza necesita unha axenda propria galega, onde sexamos nos os que xestionemos, teñamos a capacidade de tomar as nosas proprias decisións e de chegar aos acordos con terceiros que máis nos conveñan e que sobre todo, que sexan xustos pra todas as partes, nos sectores claves do noso desenvolvemento. 
Porque como dixo Ana Pontón no debate do estado da nosa nación vai uns días, este marco que conforma e define ao estado español é totalmente lesivo pra a nosa terra, pra as nosas xentes e con el sempre seremos man de obra barata pra outros lugares do mundo e un pais de quinta división semi desenvolvido.
Porque como dicía Castelao  “Galiza so merecerá respecto, cando abandonemos a nosa mansedumbre despois de saber o que fomos, o que deixamos de ser e o que seríamos con vida independente”. 

Cal é o motivo?

Te puede interesar