Saúde

N o seu día, foi unha ledicia ver como as autoridades sanitarias impulsaron nas súas instalacións programas de marcado carácter sociocultural: “Aula hospitalaria” “Lendo espero”, ou como o persoal do Marcide comparte as súas obras artísticas con exposicións no centro. Por certo proxectos en activo. A súa misión era normalizar unhas dependencias excesivamente lineais, planas, monocromas, apáticas, dándolles cor,  creatividade, coñecemento, diversidade, en definitiva vida para a sáude das persoas.
Agora baixo o falso pretexto dunha “norma xeral” que impide utilizar este tipo de instalacións para fins non asistenciais, que polo visto so se aplica en Cerdido, non se permiten as mostras no centro de saúde dese concello rural. 
Os burócratas do Sergas e todos os seus palmeros están certamente en regresión e doentes. Non sei si de intolerancia ou de estupidez, pois a cultura sempre é síntoma de millor saúde.
 

Saúde

Te puede interesar