Dinamicemos a cidade

 Covid-19 veu a deturpar mais aínda, de xeito totalmente intencional, o verdadeiro significado das palabras, por parte do poder. Estou a falar da medida de protección denominada “distanciamento social” cando a expresión correcta é “distanciamento físico”. Porque o distanciamento social, é o que teñen moitas analfabetas-os con diñeiro nas súas cabezas e unha parte tamén da clase política. É certo, que un exemplo de distanciamento social, témolo por culpa dos derradeiros gobernos do concello, no barrio de San Pablo, o cal, está habitado case exclusivamente, por xente traballadora, que levantase moi cedo todos os días, para ir a traballar moi duro e por contra, o barrio de Ultramar. Neste último termos a sorte, de que sempre están os servizos do concello traballando e nas sindicais, pois so ha que ir a pasear por alí, para ver como a maleza e a herba, acumulase case todo o ano, chegando incluso en moitas rúas, as xanelas das casas e trepando polos coches alí aparcados.
Máis o barrio de San Pablo, hai unha zona, onde se houbese interese por facer unha cidade viva e dinamizada, non estaría abandonada e comida polas silvas . Nesta parcela, si se quixer, sería un sitio idóneo, para facer un lugar de adestramento con todas as instalacións necesarias de skaters, patinadoras, e todos estes novos deportes entre eles por exemplo, o que desde fai uns anos practican mozas, ás que se lles pide ademais de ser un boa ximnasta, ter destreza. 
Refírome ao de superar parte dos obstáculos arquitectónicos da cidade, á carreira e con todo tipo de brincos. Podería ter unha zona de horto comunitario, para a xente do barrio e incluso para as xentes de Santa Mariña, onde se cultive de xeito ecolóxico, asesorados por xente do concello. Ademais de ter un espazo, onde facer pequenos concertos para a xuventude, con grupos locais e feiras enfocadas a mocidade.
Porque é indubidábel que Ferrol, non pode deixar este tipo de terreos abandonados e debe polos ao servizo das comunidades. Ferrolterra é con certeza unha zona en declive, estando cada vez este declive máis agudizado. Con seguridade que isto non se debe, a que non teñamos capacidade de traballar as ferrolás. Isto debese as políticas de Madrid cara a esta comarca, a cal, para os gobernos do estado, é unha zoa totalmente esquecida e deixada a súa sorte.
Por isto correspóndelle ao concello, dinamizar a cidade e aínda que isto non vai acabar co problema, de que a xente moza teña que emigrar, para formar as súas propias vidas, con seguridade si vai enriquecer e darlle a cidade un pulo, para seguir vivindo en ela, ademais de que, isto podería ser un efecto chamada, para montar negocios novos, con diferente formato, encamiñados a mocidade e tamén cara a estes deportes, que cada ver máis mozas practican, a pesar da falta de lugares que teñen as rapazas, para adestrarse en condicións.

Dinamicemos a cidade

Te puede interesar